Somos María e Jose Luis esta é a nosa viaxe coas nosas fillas Antía e Noa, esperamos os sexa de axuda para crear a vosa propia.
Imos darvos algunhas ideas para que unha tarde en Ortigueira sexa moi especial, ahí van!!
Decidimos saír o sábado e como era un pouco tarde nos decantamos por un lugar cercano, toca a Ortigueira.
O noso día comenzou cun paseo polo pinar de Morouzos onde tamén comimos,
As nosas nenas lles encanta o picnic,
disfrutan máis o aire libre porque despois de xantar inda poden brincar un pouco e facer algunha voltereta.
E moi pretiño do pinar temos unha fantástica praia
A praia de Mourozos
O único problema desta praia e o espacio, como é ben pequena igual tedes problemas co sitio
E despois de desfrutar un pouquiño desta praia, imos achegarnos a un lugar que vos recomendamos,
A Laguna De San Martiño
Un espacio protexido polo que darse un bo paseo por unha preciosa senda, abride ben os ollos é un sendeiro máxico, no que as aves e a natureza, serán as protagonistas.
Toca Pasear Xuntos
Noa e Antía practican ximnasia deportiva e xa lles tardan volver os entrenos, de tódalas maneiras sempre encontran o seu lugar e momento para practicar
Recordade, non podedes sair do sendeiro estamos nunha zoa protexida.
Agora visitamos O porto de Ortigueira
A pasear con tranquilidade,
Este edificio era o antigo Macedo Municipal
xogar e quitar fotos para capturar tódolos recordos
Unha boa forma de atrapar o tempo e cando voltemos comprobaremos como cambiou o lugar!
Tamén e bonito contemplar como os sitios se transforman coas estacións.
Ata tivemos tempo de buscar cangrexos entre as penas, nós temos moito coidado de non mancalos procurando só seguilos dende a distancia, gústanos saber qué farán e a onde van.
E despois a explorar un pouco e buscar rincóns máxicos, eses nos que habitan as risas dos nenos…
Parques
A mellor Natureza
Arte
Patrimonio
E así andando, andando descobremos O muiño de mareas
Aquí esta o noso máis lindo patrimonio, a nosa arquitectura tradicional.
Este muíño valíase da forza do mar para mover as rodas, xa ves os temos no río e tamen de mar,
ah e non os olvidedes dos muíños de vento.
Unha paraxe increíble e coa neboa inda se facía máis bonita e misteriosa
Antía e Noa desfrutaron moitísimo neste lugar
As rodas do muiño estaban a vista
Soe pasar canto máis cerca os temos, máis descoñecidos son,
e neste muíño nunca estivéramos,
eso sí repetiremos!
Este sendeiro encántanos,
Canto xogamos!
E xa de volta a casa paramos noutro lugar marabilloso, O Castelo de Moeche e por hoxe acabáronse as rutas…
E aquí comenza a mellor lección de todas a acercar a historia os nenos
Explicamoslles que é un foxo.
As partes dun Castelo
Imaxinámonos como vivirían eiqui e cómo sería a sua vida
Nos convertemos en reis e princesas e desfrutaremos dun entorno de conto ata ben tarde
Paseamos os nosos mellores sonos e columpíamos as nosas ilusión co máis lindo sentimento,
o de que o futuro está nas suas máns e nas nosas esta ensinarlles que Galicia e moito máis,
Galicia son as suas raíces e o día de maña que valoren a sua terra e a nosa ilusión.
E terminamos esta instructiva visita con algo moi noso un
Cruceiro
e coa Igrexa de San Xurxo en Moeche
Demasiadas emocións precisan dun bo descanso e para que todo o que aprendamos neste día asente, mezcraremos con mimo todos os ingredientes como cando fas un bo pastel.
«Diversión, lugares máxicos e moita ledicia o vivir unha grande aventura en familia»,
non che parece o postre máis bonito para as vosas vidas?.
Gústame dicir que na vida se saborea cada instante porque os nenos crecen e nós tamén e o máis importante é
VIVIR …