Hoxe imos ir a Neda un concello que é moi interesante para os nenos, aquí temos un paseo ben largo, planiño e bonito polas marismas. Podedes facelo por etapas e empezalo dende onde queirades, será por opcións!, os contaréi como foi a nosa viaxe.
Qué hai máis bonito que tomar forzas nun barco pirata antes de empezar a aventura, diseñado por Agatha Ruiz da Prada este columpio ten moitas opción de xogo, ademáis o parque Subarreiros conta con zoa verde, campo de fútbol e canasta. Tomaremos a Piscina municipal do lado como referencia porque iremos a un ponte moi pretiño para cruzar e acercarnos a un observatorio na ría, e volta a caminar polo paseo tedes moitos parques na ruta. Máis ou menos a nosa ruta é de tres kilómetros veredes nas fotos por onde fumos. Deixovos tamén localizado no mapa un parque con tirolinas para os que lles encantan e para repoñerer risas e cargar diversión e dende aquí iremos a un mirador pretiño dende onde ver dende as alturas todo o que fixemos. E cómo non? como guinda a un día espectacular, visitaremos a famosa fervenza de Belelle e sí mollaremos os pes!!
Nos terminamos o día vendo como xoga a luz do sol, despedíndose nas marismas.
Gústavos? Comenzamos a facer planes?
AH!! antes de que se me olvide como seredes piratas en Neda teño que avisarvos de algo moi importante,
anda un cocodrilo solto polo río Belelle, a ver se o atopades tamén vos e lle sacades unha foto coma esta
Deixareivos un mapa cos sitios máis significativos da nosa viaxe en familia para planear todos xuntos a viaxe, e recorda Neda e Máxica descubrea en boa compañía.
PARQUE PIRATA
PASEO POLA RÍA DE FERROL
MIRADOR DE ANCOS
FERVENZA DE BELELLE
MARISMAS
ANTÍA E NOA RECOMENDAN ESTA VIAXE
María Carro e Jose Luis González Fieira
Somos os seus papás e os invitamos a descubrir moi pronto
a nosa viaxe en familia na Galicia Máxica