Hoxe cambiamos a nosa querida mariña pola costa da morte…
Un paseo que Antia e Noa viven coma unha autentica aventura porque descubren verdadeiros paraisos naturais, suben e baixan, corren e berran e hata pegan volveteras, hai que agarralas ben porque case saen voando pero cun sonrriso adornando a sua cara, soo por eso mereceu a pena a viaxe.
En Punta Nariga desfrutamos do seu faro e xogamos a buscar formas nas rochas….
Visita case obrigada o Cabo de Santo Hadrián tanto estudialo na escola según o libro de socias aquí acaba a costa Artabra e empeza a costa da Morte, palabras de Antia.
Despois comida en Malpica e paseo polo seu porto onde estiveron observando nasas e diversos útiles de pesca hata como unha grúa sacaba un barco da auga sonche moi curiosas.
A nosa viaxe acabou en Ardeleiro nunha paraxe verdadeiramente incrible e fermosísima como son Muiños de Ribeira dáballes algo de medo os cantís e a forza do vento pero era toda unha aventura ir ahí abaixo e sacar unha foto ca que facer feliz a mamá.
A parte da viaxe que mais lles gustou da que máis disfrutaron e disfrutamos gracias a Galicia maxica por ensinárnolo….un recuncho de Galicia hata hoxe descoñecido para nós pero que mereceu moito a pena descubrir, se tedes oportunidade non deixedes de visitalo….bicos dende Cabanas