En Galicia as provincias están ben cerca é nos eleximos visitar dous

img_5d9b2d3c72623

Hoxe quería mostraros un lugar verdadeiramente especial para nos, un lugar deses polos que merece a penar sair da casa, a área recreativa Mirador de Monte San Roque en Viveiro, non era o lugar que tiñamos pensado visitar cando saímos o sabado pero ainda así, a viaxe mereceu a pena …. a nosa excursión empezou cunha pequena ruta por Estaca de Bares e acabou con outra pequena ruta por a costa de San Román do Valle en O Vicedo

Xa vedes que visitamos nun día, sitios ben distintos, duas provincias abriron as suas portas a un gran día en familia.

Na Coruña fixemos apetito e andivemos de ruta..e en Lugo fixemos unha gran parada campestre nun lugar espectacular.

Non gardes o segredo corre a voz, porque en Galicia as distancias fanse cortas no que a diversión refírese

Chegamos a Estaca de Bares

Tedes unha praia estupenda, na que daros un bo chapuzón e tomar o sol

O se o preferides, un precioso parque no que os nenos poden xogar

Ou por qué non? visitar a última casa do Cantábrico

¿quén vivirá nela?

Pois agora que xa descubrimos Estaca de Bares

toca facer unha ruta na que as vistas o precioso mar acompañarán os nosos pasos

E camiñando, camiñando

descobreremos a Cruz de San Román

Nos marchamos de este precioso lugar coas retinas cargadas de imáxenes da terra

Agora toca tomar forzas nunha preciosa área recreativa, imos a Lugo para visitar o

MONTE DE SAN ROQUE

Esta área recreativa ten de todo, é inmensa!, e sobre todo, está en perfectas condicións.

Mesas nas que o picnic é obligado

Boas vistas coas que relaxarse e sentir a terriña

Moitos columpios para que os nosos nenos estén entretidos e nos felices contemplando o ben que o pasan.

Tobogáns, casiñas, balancís, ata poderedes xogar o futbol ou baloncesto..

Xa ves eiqui terás todo tipo de columpios adaptados os seus gustos

Elexide o voso preferido e desfrutade nen@s

Para que mentras os papás fagamos a sobremesa e estemos tranquilos, e miremos como xogar é unha ledicia para os nen@s.

Teredes unha gran zoa na que falar ou facer unha gran reunión!

Eiquí por sitio que non sexa e teredes todalas opcións para desfrutar dun marabilloso día en familia ou con amigos.

Tamén teredes un cruceiro no que deleitarse coa nosa mellor arquitectura.

Comentaros que conta tamén con unha pequena reserva de animais onde predominan os burros e os corzos…

Unha igrexa que preside as grandes vistas

E un hórreo que conta moitas historias e que é o mellor reflexo da nosa tradición

Sí, tedes razón, faltalle un sitiño onde poder refrescarse pero ainda así, as miñas nenas Noa e Antía gustoulles moitísimo.

Galicia e Máxica!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

SUSCRÍBETE!