Hoxe quero falarvos dun lugar especial para nós o que vamos ano tras ano e nunca nos cansa….
Un lugar que ofrece mil e unha experiencias
As Fragas do Eume.
Un bosque máxico para Antia e Noa onde se sinten libres para saltar, correr, brincar, cantar….
Pero sobretodo,
un lugar onde deixan voar a imaxinación e tan pronto son as princesas dun castelo,
como famosas cantantes enriba dun escenario ou rexentan un hotel de luxo onde tratan como reis a mamá e papá
Non podo falar dun día en concreto porque imos moito as Fragas….. dan para tanto.
Facemos diferentes rutas de sendeirismo temos xa duas expertas camiñantes así teñen contenta a mamá que pode sacar un millar de fotos….
O outro día a pesar do meu medo, fumos facer unha ruta en kaiak polo encoro,
qué ben o pasamos hai que repetir!!!
Días de picnic e xogos e para estar en familia e disfrutar deste entorno único, incluso algunha tarde de deberes ou un simple café nos arredores do mosteiro de Caaveiro.
E se algo no falta neste parque e a auga e a xa mítica frase «podemos metelos pes» e dalles igual que sea inverno ou verán
As Fragas do Eume un lugar para grandes e chicos,
Un lugar para disfrutar da natureza e olvidar un chisquiño os problemas non o dubides vir coñecelas
…… tanto por tan pouco




