ÚLTIMOS SITIOS
VIDEOS
FOTO
MAPA

 

 

 

Sendeiro do Río Eifonso


  Provincia: Pomtevedra

Concello: Vigo

Río Eifonso - Bembrive

Localización

Castellano
 

O río Eifonso brota no Monte das Lagoas, a 450 m, entre a Pedra Cavaleira de 501 m e As Pereiras, que se achega ata os 514 m. As súas primeiras augas, xurden moi preto do Campus Universitario de Vigo. Ábrese camiño no val e pasa polos pes da Capela de San Cibrán. Na apresurada baixada converte as correntes de auga en fermosas fervenzas, como a de Bouzafría, e da orixe a varios muíños de auga nas dúas ribeiras. Xunta as augas dos seus afluentes, Mao e Pontecela. O curso do río ten unha loxitude de 6 km, ata chegar o seu remate no que se funde co castigado río Lagares.

A desembocadura sitúase detrás duns grandes almacéns, ubicados no final da Avenida de Madrid, no corazón dun polígono industrial. Comezaremos o noso percorrido, na converxencia do río e a Estrada de Bembrive, que une esta pedanía coa freguesía de Beade, no lugar de Mourelle. É aquí, onde escomenza a ruta que se rehabilitou en Outubro do 2009, nuha recuperación levada ó fin pola Entidade Local Menor de Bembrive, a consellería do medio rural e a entidade bancaria Caixanova. O proxecto foi cofinanciado pola Unión Europea. Na ruta, atópase debidamente señalizada e conta con información da flora e a fauna das ribeiras. Os arredores tamén están sendo repoboados.

O malo é que a recuperación foi devastadora pra a flora e a fauna dos marxes do rego, estragando parte dela e deixando o descuberto gran cantidade de terra. É bo, axeitar estes paraxes pra que moita xente poida disfrutar deles, pero o que tamén é certo é que non debe se a calqueira prezo.

O camiño é amplo como os eixes das rodas dos carros que os nosos antergos adoitaban a usar para poder recoller a fariña moida dos muíños. Pouco de empezar a camiñar, descobreremos o primeiro dos muíños, o chamado "Muíño do Sorrego". A súa recuperación fíxose fai poucos anos e presenta unha boa imaxe. No marxe esquerdo do río, ollaremos pra as vellas canles que achegaban as augas ata as maquinarias pra así poder mover as grandes rodas de pedra dos muíños. Rego arriba, chamaranos a atención un fermoso ponte composto por grandes e rústicas pedras que atravesa o regato. Chegamos despois o muíño da Pedrosa, ó que se accede por unha ponte de madeira. É agora cando o río escomenza a estreitarse nunha pequena fenda de roca e semella coma se o rego se perdera no val. O que se nos amosa agora é un agasallo da natureza. Trátase dunha pequena garganta coñecida como "O Buraco". Nesta fisura atópase a fermosa fervenza da Bouzafría, onde o río salva un bo desnivel en pouquiños metros. A andadura do río lévanos ata a mesma Capela de San Cibrán, onde se celebra todolos anos unha gran romería coñecida co nome dos Ramallos.

Despois da capela, seguimos subindo e seguindo o curso do río, ainda que un pouco máis alonxados. Pasaremos por debaixo da autoestrada AG-57, que leva a Gondomar, e quedaremos abraiados cando vexamos os grandes pilares de formigón que se asentan entre a vexetación de silvas e matorrais que propiciou a construcción destas xigantescas vigas. Chegamos de novo o río e disfrutaremos de novo da arquitectura rural galega con outro muíño e tamén coas ruinas dun antigo aserradeiro que usaba as augas do Eifonso para o seu traballo. Máis arriba poderemos admirar os restos dunha antiga vila medieval. A sua datación é bastante difícil polo estado e polos poucos traballos de información realizados no lugar, pero hai quen asegura que poderían ter dez séculos, sendo así da mesma época da Igrexa de Santiago, e constituindo así, un dos primeiros núcleos de poboamentos da pedanía e parroquia de Bembrive. Pero o máis probable é que a súa construcción e ocupación fose bastante máis recente e que o primeiro nucleo poboacional da freguesía fora o carón do posible mosteiro, dol cal quedan os restos en forma dunha fermosa igrexa románica, situada no barrio que aparelladamente leva o nome de O Mosteiro.

Preto do orixe do río, nos montes da Lagoa, poderemos observar unhas magníficas panorámicas da Ría de Vigo e a súa comarca. Tamén disfrutaremos da silueta da Estomada, dos montes de Coruxo, as Illas Cíes, Toralla, Cabo Home e toda a península do Morrazo. É, sin dúbida, un verdadeiro balcón da cidade de Vigo, do Atlántico e da mesma Galicia.

A vexetación máis representativa do lugar fórmase por fentos, bidueiras, salgueiros, carballos, castaños e a flora propia dos bosques de ribeira. A fauna é variada e comprende dende ratoneros, mouchos e curuxas ata mamíferos como pequenos ratos e esquíos.

Falar do Eifonso leva a nomear o Lagares. Este foi castigado por ter que descorrer por unha marxe da gran cidade que no século XX utilizouno de sumideiro. Nos últimos tempos, levouse a cabo un plan de rexeración ambiental, logrando crear un paseo paraleo ó río que fainos soñar cun futuro máis limpo. Esto foi posible pola instalación dun colector que canaliza as augas residuais ata a odiada e limitada depuradora situada no borde das Xunqueiras e no borde dunha vella factoría de salazón, xunto a Praia de Samil.

Pra saber máis:

www.sendeiroeifonso.tk
losviajesdebrujilda.blogspot.com/
es.wikiloc.com

 

Lugares interesantes cercanos:

Fervenza de Bouzafría
Igrexa románica de Santiago de Bembrive


ARRIBA


Localización


ARRIBA
INICIO
AÑADIR INFO
ARRIBA
PAGINA PRINCIPAL
AÑADIR SITIO

 

Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

Compartir

 



CATEGORÍAS

The Website Grade for galiciamaxica.eu!

Google

 

 

 



Bandera gallega

GALICIA


GALICIA MAXICA

 

Creative Commons License
GaliciaMáxica.eu by Alberto Alonso de Dios is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License

GALICIA 2011